SISTEMAS DE ENSAMBLE ENTRE AS PEZAS
Probablemente a incorporación de ferro aos carros vaise producindo na medida en que se populariza o uso deste material gracias a implantación de ferrerías en Galicia. De calquera maneira ata o século XX o ferro non se empregaba nos ensambles, solo se empregaba como reforzo para dar robustez a determinadas pezas, sobre todo as rodas. Analizaremos os sistemas de ensamble tradicionales realizados con pezas de madeira e tamén comentaremos algúns exemplos da incorporación do ferro na unión de pezas.
UNIÓN DAS CHEDAS
Analizamos os ensambles realizados na construción de chedeiros oxivais, os máis tradicionais e estendidos en Galicia. Dependendo do tipo de chedeiro será necesario efectuar distintos reforzos ou unións entre as chedas.
Chedeiros de unha e dúas pezas: nos chedeiros formados por unha ou dúas pezas hai que realizar un reforzo ou unha unión na zona da cabezalla, onde as chedas permanecen xuntas. O sistema de unión realízase mediante as chavellas que servirán, ademais de para amarrar o xugo ao carro, para manter as chedas unidas. As chavellas levan un rebaixe que xunto co vío permite realizar unha sólida suxeición.
Nos carros modernos este sistema reforzouse ou foi substituído por unha platina de ferro cravada na parte superior da cabezalla ou dous parafusos ou espárragos que atravesaban as chedas.
A suxeición das chedas pola parte central e traseira en calquera tipo de chedeiro realízase cas cadeas, aínda que, nos carros máis actuais pódese atopar un tirante de ferro unindo as chedas pola parte traseira.
Chedeiros de tres pezas:
moitas veces, pola dispoñibilidade da madeira ou polas técnicas de
construción dos fragueiros, os chedeiros construíanse coa cabezalla
independente das chedas. Nestes casos era necesario necesario
realizar un ensamble moi robusto xa que na zona de unión entre as
chedas e a cabezalla prodúcese unha concentración de tensións
sendo esta a zona máis débil do chedeiro. Este ensamble recibe o
nome de brueiro.
As solución máis común consistía en reforzar a zona con dúas ou máis cadeas montadas igual que na parte traseira do chedeiro pero máis xuntas, as veces tamén se montaba na parte máis estreira da unión unha chavella un pouco máis longa cas da cabezalla, a que Xaquín Lorenzo chamou prixoá.
Nos carros modernos a unión está reforzada con parafusos que atravesan as chedas e a cabezalla e incluso se atopan carros que levan abrazadeiras.
Na imaxe preséntanse tres posibilidades de unión recollidas por Xaquín Lorenzo
|
|
|
|
Carro de Velle. Unión con dúas prixoás
|
Carro de Calvos. Unión con prixoá e abrazadeira |
Carro de Oleas. Unión feita con dúas cadeas
|
UNIÓN ENTRE CADEAS E CHEDAS.
As cadeas son xunto cas chedas as que forman a estrutura do chedeiro, dándolle a rixidez e resistencia que require para os traballos que se usa o carro.
A unión entre cadeas e chedas realízase cun espigo que sobresae da cadea e que se introduce na cheda. Para fixar a posición entre ambas un vío atravesa cheda e espigo cando a cadea está ensamblada.
UNIÓN DO CLOUCÓN ÁS CHEDAS
Esta unión ten que ser moi robusta xa que a través dela vaise a transmitir a forza dos os animais que tiran do chedeiro ao eixe que vai apoiado no cloucón. Esta unión vese favorecida porque o chedeiro e a súa carga descansan sobre o cloucón producíndose unha gran presión entre as chedas e este.
Este axuste resólvese mediante unha unión simple, basta con dous víos en cada lado que atravesan o cloucón e a cheda. A función destes víos refórzase cos peóns que van incrustados nos cloucóns. Aínda que a súa función e servir de enganches para amarrar a carga, poden facerse un pouco máis largos para que atravesen o cloucón ata as chedas reforzando así a unión.
UNIÓN DAS TREITOIRAS E APELADORIAS AO CHEDEIRO
As treitoiras son as
pezas que abrazan o eixe para servirlle de guía e mantelo
posicionado. A forza que o cloucón transmite ao eixe a través das
treitoiras e moi grande. Para realizar a súa función estas pezas
atravesan o cloucón e as chedas saíndo pola parte superior do
chedeiro. As treitoiras deben suxeitarse para que non caian por
gravidade. O sistema máis utilizado consta simplemente dunha cuña
que as atravesa apoiándose nas latas.
Para axustar as treitoiras ao eixe é necesario unha ou dúas cuñas dispostas en sentido lonxitudinal, estas reciben o nome de apeladoiras. É recomendable suxeitar a apeladoira dalgunha maneira para que non se perda no caso de que se afrouxe por causa do traballo do carro. Unha das formas máis comúns de suxeitar a apeladoira é cunha tira de coiro que une treitoira e apeladoira. Nas figuras móstranse algúns sistemas de montaxe das treitoiras e apeladoiras.
|
![]() |
![]() |
| Treitoiras do carro de Terras de Bouro, Vilarinho da Furna (Deseño de Fernando Galhano) |
Treitoiras do carro de Montederramo. Cortesía da familia Crespo |
Sistema de treitoiras recollido no Courel, no lugar de Vilamor |
AS UNIÓNS DA RODA
Unión entre mión e camba
A roda do carro está
formada por tres pezas de madeira, un mión e dúas cambas. O mión é
a robusta peza central na que vai acoplado o eixe, as cambas ármanse
a cada lado do mión para dar forma a roda, na maioría dos carros
levan unha abertura chamada ceo.
A unión entre mión e cambas realízase cas relleiras e refórzase ca lamia. As relleiras son a alma da roda, actúan como unión e reforzo entre as pezas que a forman. Teñen aproximadamente 60 cm de lonxitude e están rematadas en forma de cuña. Móntanse dúas en cada roda atravesando o mión e insertándose a presión nas cambas.
A lamia é a platina de ferro que rodea a roda, serve para protexela a vez que actúa como zuncho para reforzar a unión entre as cambas e o mión.
Unión entre o eixe e a roda

O eixe remata nos seus
extremos nun tronco de pirámide cadrada, chamado ampenla, que vai
axustado na roda, esta unión fai que eixe e roda xiren xuntos
facendo do carro un medio de transporte de eixe móbil. Para manter a
roda encaixada no eixe leva pola parte exterior unha cuña, chamada
polegar, que atravesa o eixe e que apoia na roda evitando que esta se
desaxuste. Nos carros tradicionais estas cuñas eran de madeira e os
carros levaban unha ou dúas por cada roda, nos carros máis modernos
esta peza fabrícase de ferro.

