OS MATERIAIS

Houbo unha época na que o carro estaba construído integramente en madeira, non tiña pezas metálicas. Incluso hai referencias, cando se empezaron a incorporar as ferraxes ao carro, de que había rivalidade entre os máis puristas, que defendían o carro construído totalmente de madeira, fronte aos que incorporaban ferro1.

É un feito que a incorporación do ferro ao carro, para cravos, chantois, gardamontes ou gatas da cabezalla, veo a mellorar o seu funcionamento, facéndollo máis resistente e duradeiro e quedando mellor adaptado para determinados terreos moi difíciles. O ferro fixo que se espaciaran máis as tarefas de mantemento, como cambios ou reparación de rodas, e que o carro tivera unha vida máis longa.

Dependendo da zona as madeiras utilizadas na construción do carro podían variar. Na relación adxunta recóllese as máis utilizadas en Galicia para cada unha das pezas principais do carro.

  • Chumaceiras: amieiro e Bidueiro
  • Treitoiras e apeladoiras: carballo
  • Eixe: freixo, amieiro, bidueiro, carballo.
  • Rodas: carballo
  • Chedas e cabezalla: carballo
  • Cadeas: carballo
  • Chavellas: carballo e salgueiro
  • Latas: castiñeiro,bidueiro e carballo.

freixo carballo bidueiro
castiñeiro
amieiro
freixo
carballo bidueiro
castiñeiro
amieiro
freixo
carballo
bidueiro castiñeiro amieiro
FREIXO. Madeira de secado rápido, fácil de traballar con gran resistencia a flexión e ao desgaste
CARBALLO. Madeira de secado lento, non moi fácil de traballar e con boa durabilidade BIDUEIRO. Madeira de secado rápido e fácil de traballar, é sensible aos fungos e ten gran resistencia a flexión CASTIÑEIRO. Madeira de secado lento, con gran durabilidade. AMIEIRO. Madeira de secado rápido, sensible aos fungos, fácil de traballar, ten baixa resistencia a flexión.




 


1LOURENZO, Xaquín. ”Nomencatura del carro gallego”. Revista de Dialectología y Tradiciones Populares. Tomo XII. Cuad 1-2 Madrid, 1956 (p115)