PARTES DO CARRO

O carro galego está constituído por dous conxuntos claramente diferenciados, o chedeiro que é a plataforma na que se deposita a carga, e o rodado formado polo eixe e as rodas. A continuación descríbense brevemente as pezas máis importantes do chedeiro e do rodado.

CHEDEIRO

Chedas: son os largueiros que dan forma ao carro e sobre as que se arman as restantes pezas do chedeiro. A súa constitución varía dunhas zonas a outras dando lugar a diferentes tipos de carros.

Cabezalla: parte dianteira do carro na que van inseridas as chavellas que serven para amarrar o xugo. Nalgúns tipos de carro a cabezalla é independente das chedas, noutros forma parte da mesma peza.

Cadeas: son as travesas que unen as dúas chedas conformando, xunto con elas, a estrutura do chedeiro. O seu número pode variar dependendo da lonxitude e a robustez do carro.

Latas: a estrutura formada polas chedas e as cadeas vai cuberta por unhas táboas, chamadas latas, que forman o piso do carro.

Chumaceiras: están na parte inferior do chedeiro, ancoradas nas chedas. Son os conxuntos de pezas que serven de apoio e guía ao eixe. Cada unha delas está constituída por polo cloucón, treitoras e apeladoira.

RODADO

Rodas: son moi robustas, están formadas por tres pezas de madeira e reforzadas por pezas de ferro. Van unidas ao eixe cun axuste con forma de tronco de pirámide cadrada e xiran xunto con el.

Eixe: está constituído por unha sola peza, por ser móbil é un dos elementos diferenciadores do carro con respecto a outros sistemas de transporte. Debe ser moi robusto e resistente ao desgaste. É o responsable do cantar característico dos carros.

 

partes do carro