MOODLE & WIRIS
Estes días ando bastante liado rematando uns traballos que tiña pendentes antes de que comece o novo curso. Un destes traballos foi botarlle unha man a profe de matemáticas Nieves Lomba Martínez (poño o segundo apelido porque alguén podería pensar que somos irmans se non o fago). Nieves durante o ano pasaso estivo traballando nun interesante proxecto de atención a diversidade. Este proxecto, entre outras, utiliza dúas ferramentas moi queridas e interesantes para min: Moodle e Wiris, e ademáis utilízallas xuntas. Moodle e unha plataforma de xestión de contidos educativos na rede moi popular (incluso nesta páxina hai unha aula virtual nesta plataforma). Wiris, segundo os seus “desarrolladores” é “a solución global no ensino das matemáticas”, paga a pena visitar a súa páxina para coñecer as funcionalidades que ten. Neste artigo interesa destacar de forma particular un modulo que ten wiris para integrarse con Moodle, módulo que ademáis é gratuíto. Gran parte do traballo que desenvolveu Nieves no seu proxecto de atención a diversidade realizouno con wiris. A continuación pódese visualizar un video no que se utiliza Moodle e Wiris para resover unha actividade de matemáticas. Máis abaixo hai unha presentación que resume o interesante traballo feito por Nieves e os seus colaboradores/as durante o curso 2010-2011. Este proxecto foi presentado ao certame Educared2011. Deséxolle a Nieves moita sorte coa difusión do seu traballo.
Deja una respuesta