¿Que pasa coa tecnoloxía? (en Galicia)

triste

Fai uns días lía no portal da Consellería de Educación da Xunta de Galicia a noticia da publicación do borrador da convocatoria de contidos educativos. Como fago moitas veces abrín o documento para darlle un vistazo e ver as condicións para presentarse. A miña sorpresa foi maiúscula cando me percatei que dividiron a convocatoria e os premios por modalidades, e estas modalidades corresponden a ALGUNHAS MATERIAS das que se imparten en primeiro e segundo da ESO na categoría correspondente ao Primeiro Ciclo de Secundaria. A miña desilusión foi total despois de releer un par de veces as materias e darme conta de que a Tecnoloxía non aparecía…parecíame incrible.

O meu enfado era tan grande que naquel mesmo instante me puxen a escribir un correo electrónico aos que eu pensaba tiñan algo que dicir, respecto da convocatoria para pedir explicacións. O contido do meu correo era o seguinte:

Estimados Sres/Sras.
O meu nome é Antonio Lomba Baz, son profesor de tecnoloxía no IES A SANGRIÑA, en A Guarda, Pontevedra.
Diríxome a vostedes co ánimo de que me poidan aclarar unha dúbida que ven a incrementar a preocupación que sinto pola materia que imparto no instituto.
Acabo de ler o borrador da convocatoria de subvencións para a produción e publicación de materiais educativos e de premios ao desenvolvemento de novos contidos educativos publicado na páxina da consellería de educación con data 08/03/2011. Observo con moita sorpresa que tanto as subvencións como os premios están supeditados á algunhas materias e entre as que se exclúen está a tecnoloxía (tecnoloxías), a miñas preguntas polo tanto son evidentes:
¿Hai algún motivo fundamentado polo que non apareza a materia de tecnoloxía nesta convocatoria?
Se teño elaborados materiais educativos innovadores, ¿Teño que renunciar a presentarme a esta convocatoria?
Espero a súa resposta ou, no mellor dos casos, que a tecnoloxía sexa incluída como materia subvencionable e premiable na convocatoria definitiva que publiquen.
Reciban un cordial saúdo.

Tardei uns días en recibir resposta, esta produciuse por parte da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica nos seguintes términos:

En contestación ao asunto de referencia, comentarlle que as materias a incluír nestes premios determináronse en función de varios aspectos:

·         As necesidades de contidos existentes para os niveis educativos que aborda o Proxecto Abalar

·         Os contidos que se poden dispor a través da plataforma AGREGA e de empresas que poden aportar materiais

·         A cantidade de recursos que se poden conseguir en diferentes repositorios na web.

Priorizáronse as necesidades e deste xeito se definiron estas materias.

Por outro lado, comentar que a Consellería de Educación establece no borrador da orde pola que se convocarán licenzas por estudos para o curso 2011-12, que haberá dúas modalidades dirixidas a creación de materiais dixitais que desenvolvan contidos curriculares dalgunha materia dos cursos do terceiro ciclo de primaria ou de 1º e 2º de educación secundaria, onde entran todas as materias.

Estas modalidades poderán ser proxectos individuais ou grupos de traballo de dous membros, con licenza remunerada de duración trimestral.

Un saúdo.

Como eu non entendo os motivos polos que non se inclúe a tecnoloxía na mencionada convocatoria, sobre todo despois de visitar o repositorio de Abalar e ver que alí, paraESO, solo hai un triste contido que nin sequera é de tecnoloxía e de tentar utilizar AGREGA para as miñas clases moitas veces, sen conseguilo. Quero deixar aquí constancia da miña protesta, desconcerto e preocupación por unha materia que cada vez están a facela máis insignificante.

Etiquetado con: ,

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

*