Un robot explorador

robot exploradorAproveitando a dotación de trebellos tecnolóxicos que temos na casa, este Nadal tivemos a oportunidade de facer un prototipo de robot explorador. Trátase dun prototipo doméstico de robot controlado de forma remota a través dunha videocámara do que podemos atopar moitas aplicacións reais en distintos ámbitos. Por exemplo, robot artificiero, submarino, de exploración lunar, de inspección de tuberías, etc.

O robot é un Lego Mindstorms ao que lle acoplamos unha cámara GoPro. O lego manexámolo de forma remota cunha tableta BQ e unha aplicación deseñada en AppInventor para este proxecto que permite controlar os movementos. A conexión entre a tableta e o robot faise por bluetooth. A cámara de vídeo que leva o robot permítenos o manexo en remoto, sen visualización directa, a través dunha tableta iPad mini. Unha Apps creada polos fabricantes da cámara permite a conexión vía wifi entre unha tableta ou smartphone e a cámara.

O resultado do proxecto é moi vistoso e resulta moi divertido o seu manexo. Aínda que se necesita bastante material para realizalo, salvo a programación da aplicación en AppIventor, non ten maiores dificultades.

A continuación pódese visualizar un pequeno vídeo que ilustra o proxecto.

2 comentarios en «Un robot explorador»

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

*