II Concurso de avións de papel
O II Concurso de avións de papel IES A SANGRIÑA contou cunha numerosa participación e foi un gran éxito en canto ás marcas acadadas. Nesta edición participaron tres profesores, o que engadiu máis emoción e expectación ao concurso.
Durante os tres días que durou a competición numeróso público acudiu ao pavillón do IES A Sangriña para animar aos seus participantes favoritos. A media de público asistente superou os 250 alumnos que nesta edición foron moi ruidosos e festeiros. Os momentos de máis algarabía vivíronse durante os lanzamentos do profesor Ramón Quiroga.
As marcas dos gañadores superaron as conseguidas o curso pasado. Os tres clasificados en cada unha das categorías son:
Tempo de voo.
1º Manuel Ángel Silva Martínez 3º ESO-B 7,73 seg
2º Antonio Lomba Baz (profesor) 7,5 seg
3º Jorge Vicente Lomba 2º BACH-D 5,8 seg
Distancia.
1º Lucas Martínez López 1ºBACH-D 26,4 m
2º Víctor Álvarez Martínez 2ºBACH-A 25,1 m
3º Miguel Valiente Carrascosa 1ºBACH-B 24,9 m
Os resultados completos de tódolos participantes poden consultarse na seguinte ligazón.
Deja una respuesta