Accioncarral
Encrucillado
Completa o encrucillado e comproba no botón as túas respostas.
Horizontais: |
| 1. | Pór os aparellos ou arreos a unha cabalería; arrear. | | 4. | Dar a volta xirando de tal maneira que se inverta o sentido da marcha. | | 6. | Farcer un xiro; xirar. | | 8. | Colocar enriba aquilo que se vai transportar. | | 10. | Suxeitar nos paus que sobresaen por baixo da cheda a corda ou adival que ata a carga do carro. | | 11. | Empuxar o carro tirando polas chedas. | | 12. | Xirar o carro ou sobre unha roda. | | 13. | Guiar ou conducir un animal, especialmente cando vai xunguido con outro. | | 15. | Andar ou ir cara a atrás; recuar, retroceder. |
|
Verticais: |
| 1. | Picar coa aguillada aos animais | | 2. | Torcer ou caer para un lado un vehículo. | | 3. | Andaren cara a atrás os bois xunguidos. | | 5. | Volver unha cousa boca abaixo. | | 7. | Poñerlles o xugo aos animais de tiro. | | 9. | Producir o carro o seu ruído de fricción característico. | | 14. | Suxeitar coa corda ou adival a carga do carro para evitar que se mova. |
|