O Carro galego en 3D con Sketchfab

Fai moito tempo que tiña ganas de atopar unha aplicación que me permitira facer isto na web. Visualizar un modelo en 3D directamente no navegador. A proba delo é que o modelo que utilizo para esta entrada é o vello carro Galego que moitos seguidores desta páxina xa coñecen. O carro Galego leva esperando moito tempo a que apareza unha aplicación como Sketchfab para presentarse así, en todo o seu esplendor 3D. Tarda un pouco en cargar pero, crédeme, vale a pena.

A potencialidade de Sketchfab, un servizo de publicación interactiva en 3D, e moi grande. Permite presentar na web case calquera modelo en 3D dunha maneira moi sinxela. Podemos traballar con modelos de 3DSMax, Solidworks, Blender, Sketchup, etc. Unha verdadeira marabilla.

Carro Galego from tecnoloxia on Sketchfab.

Etiquetado con: , , ,

Mapa conceptual da web 2.0 con Draw.io

Logo draw.io

Logo draw.ioEstes días estamos traballando na materia de TICs con servizos e servidores da web 2.0. Sobre este tema cóntannos as últimas novidades cada día páxinas especializadas que de seguro todos temos en favoritos. Tanto é así que o difícil e coñecer tantos servizos e ferramentas, saber se teñen verdadeira utilidade e, por suposto moito máis difícil, probalas. E moi fácil emborracharse das virtudes que din que ofrecen os novos servizos e saltar de un a outro simplemente admirando a ferramenta e o que é capaz de facer pero sen usala realmente para o que foi creada. Imaxino que vos pasará como a min, que xa estades rexistrados en máis sitios dos que sodes capaces de recordar, e de todos os servizos que vos ofrecen non coñecedes máis que o nome, e as veces nin iso. Eu intento resistirme, pero hai algúns días que nono consigo e sucumbo as tentacións. Entonces doume unha sobredose de servizos, aplicacións, extensións e ferramentas milagrosas para descubrir que, a maioría das veces, o único que consigo e unha tremenda resaca.

A hora de abordar este tema, como ia dicindo, optei por falarlles aos alumnos de servizos e ferramentas clásicas e testadas (e gratuítas), non moitas, sabendo que eles, de seguro, coñecen o nome doutras moitas que utilizan ou aparecen nas búsquedas de Google. A nosa modesta lista quedou dentro dun libro de Moodle, na nosa aula virtual, pero ocorréuseme que podería ser un bo exercicio usar un dos servizos do catálogo para sacar este mesmo catálogo fora da aula e dar a coñecer o contido da caixa de ferramentas da web 2.0 coa que empezamos este curso. Propúxenlles facer o típico mapa conceptual con premio para os mellores e eu tamén me puxen mans a obra. Así descubrín draw.io unha ferramenta para crear mapas conceptuais que aporta unha serie de vantaxes respecto ás que tiña utilizado. A parte do exemplo que aparece máis abaixo quero destacar algunhas características polas que me parece unha boa ferramenta.

  • É gratuíta
  • Traballa en liña e pode facelo con máis dun usuario a vez, facilitando a creación de mapas compartidos en tempo real.
  • Está integrada en Google Drive, alí se gardan os nosos mapas.
  • Ten moitísimas formas ou iconas, neste apartado é moi interesante para tecnoloxía o grupo de formas eléctricas.
  • Ten formas que permiten editar o seu contido en html o que facilita incluír calquera tipo de información nos nosos mapas.
  • Está dispoñible en 30 idiomas, entre eles o español e o portugués.
  • Permite gardar en formatos de mapa de bits e vectoriais, incluído pdf.
  • Permite xerar o código para que poidamos inserir o mapa en calquera páxina mantendo a interactividade no caso de que a tela.

O exemplo. Servizos e servidores web 2.0 máis comúns.

Servizos web 2.0 v2(1)

Descubre A Guarda. Unha app con App Inventor

programa de App Inventor

App Inventor é unha ferramenta para crear aplicacións para o sistema operativo Android. App Inventor está desenvolvida polo MIT (Massachusetts Institute of Technology) para levar a programación de aplicacións para móbiles e tablets a usuarios non avanzados. É unha magnífica ferramenta para introducir a programación nos centros de ensino.

A maneira de programar en App Inventor é totalente gráfica con bloques que se arrastran e se acoplan con outros para construir o programa. Esta forma de programar xa foi utilizada anteriormente polo MIT na ferramenta Scratch, unha plataforma de programación orientada a os máis novos.

programa de App Inventor

«Descubre A Guarda» é a miña primeira aplicación realizada con App Inventor. É unha pequena guía de turísmo que pode darnos unha idea da potencialidade que ofrece esta ferramenta para achegar a programación de aplicacións web a tódolos públicos e as posibilidades que ofrece no ámbito educativo.

Pódes descargar a aplicación dende a tenda de Google Play

descarga AGuarda-te

pantallazo da aplicación

Etiquetado con: , , , , ,

Recuperación de archivos dunha tablet con SnapPea

a tablet accidentada

Fai uns meses estiven intentando, sen éxito, recuperar uns arquivos dunha tablet (marca i-joy, modelo ARGÓN)  que tiña a pantalla rota. A tablet acende pero non lle funciona a pantalla táctil. A única maneira de acceder a ela tería que ser conectándolla a un PC. Estiven probando o que se me ocorría, incluso utilizando algún programa, pero non houbo maneira. Ata se me pasou pola cabeza abrila para extraerlle a tarxeta SD interna, pero como me parecía un método moi agresivo, decidín deixar repousar o problema, esperando que o paso do tempo axudara a resolvelo.

Esperaba algunha idea ou pista que me axudara a resolver o problema e esta chegou vía twitter. Unha entrada de  falaba de SnapPea, un programa que permite acceder a dispositivos con Android dende Windows e xestionar distintos elementos do dispositivo incluídos ficheiros. Púxenme mans a obra e todo foi moi doado, dende que accedín a páxina para instalar o programa ata que tiña recuperado un ficheiro que me importaba especialmente, non pasaron nin 5 minutos.

Gracias a wwwhatsnew pola súa información.

A tablet accidentada

a tablet accidentada

Pantallazo de SnapPea

Pantallazo de SnapPea

Etiquetado con: , , , ,

Motor mendocino

Monografía: motor Mendocino

No apartado desta páxina «Monografías» acaba de publicarse un novo proxecto. O proxecto chamado «Motor Mendocino» explica detalladamente a construción dun motor movido con enerxía fotovoltaica con rotor levitante. Trátase dun proxecto con certa complexidade constructiva para alumnos de secundaria, pero que este ano tivemos oportunidade de abordalo na materia de electrotecnia de 2º de bacharelato con notable éxito. Na documentación publicada aparecen planos, esquemas, lista de materiais, proceso de fabricación etc. Aínda que non se aborde a súa construción, é moi interesante para explicalo en clase cando se fala de electromagnetismo, máquinas eléctricas, ou da enerxía fotovoltaica.

Monografía: motor Mendocino

Etiquetado con: , , ,
Páxina 6 de 42« Primeira...45678...203040...Última »
Top
Translate »