Os alumnos/as da Sangriña na Escola de Minas

Con motivo da semana da ciencia 2013 a ETS de Enxeñería de Minas da Universidade de Vigo organizou unhas xornadas de portas abertas do 11 ao 15 de novembro, para que os visitantes coñeceran a escola e participaran dos espazos de aprendizaxe/divulgación lúdicos que tiñan preparados para a ocasión.

Os profesores e alumnos de tecnoloxía do IES A Sangriña tivemos a oportunidade de visitar a escola de minas e participar de forma activa das diferentes actividades, atendidos e guiados moi amablemente por alumnos da propia escola.

Nada máis chegar as instalacións fomos recibidos polo grupo de alumnos voluntarios que nos acompañarnos á primeira actividade, na que puidemos ver en acción unha cámara termográfica como as que se empregan nos estudos de eficiencia térmica de edificacións. Ademais de ensinarnos a interpretar as termografías realizadas pola cámara, tamén nos puxeron no punto de mira.

termografía

A continuación mostráronnos o funcionamento dun motor Stirling alimentado con biodiesel para a produción de electricidade, que utilizaba a enerxía sobrante para alimentar un sistema de calefacción, realizando o que se coñece como coxeración. O motor procedía dunha instalación real dun barco

JorjePiedra co motor Stirling

No laboratorio de explosivos tivemos unha charla acompañada de espectaculares vídeos sobre os tipos de explosivos e detonadores que existen, e cales son adecuados para cada cousa. Goma 2, explosivo plástico, hidroxel, ANFO, etc.

no laboratorio de explosivos

Tamén nos levaron a un laboratorio no que nos explicaron e vimos en acción un escáner 3D por láser para realizar levantamentos tridimensionais, empregado para análise de pontes, entes patrimoniais, etc. Esta técnica de escaneado en 3D tamén se coñece como fotogrametría. Alí, por suposto, fomos nos os escaneados.

escaneado laser en 3D

Por último, no laboratorio de materiais, puidemos ver todo un mostrario de obxectos cotidianos en distintas fases de fabricación e de novos materiais de alta tecnoloxía. Neste laboratorio tivemos tamén a oportunidade de fabricar nos mesmos unha espuma de plástico como a que se usa nos asentos dos coches.

fabricando espuma

Ligazón ao album de fotos

Etiquetado con: , , , , , , , , , ,

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

*