Motor eléctrico simple

No vídeo que se mostra a continuación explícase detalladamente a construción dun motor eléctrico simple. Este motor simple é unha práctica ou miniproxecto de electromagnetismo deseñado para 2º ESO.

Os materiais necesarios para construír este motor son:

  • Unha pila de petaca (4,5V)
  • Un imán de ferrita, neste caso utilízase un imán rectángular.. Pódese substituír por un imán de neodimio.
  • Dúas gomas de caucho
  • Dous clips
  • Fío de cobre esmaltado para bobinar

O custe máximo do proxecto non supera os 2 € sempre que se teña que comprar todo o material.

Con esta práctica trátase o electromagnetismo e as máquinas eléctricas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

*