“O carro galego” na TVG

A través dunha das monografías de www.tecnoloxía.com “O carro galego”, alumnos e profesores do IES A SANGRIÑA pariciparán o próximo martes ás 10:15 da noite no programa da TVG “No bico un cantar”.

Os autores do traballo queremos mostrar o noso agradecemento aos productores do programa por contar con este magnífico traballo que, desgraciadamente, nunca foi valorado no ámbito educativo polos responsables da Consellería, aínda que foi realizado expresamente como recurso para a educación.

Cando os responsables do programa “No bico un cantar” buscaban historias para ilustrar “O carro”, de Manuel María e Fuxan os Ventos, atopáronse co noso traballo e contactaron con nós para que colaboráramos no programa, foi así como viñeron A Guarda a gravár unha clase con 2º ESO na que incluso fixeron entrevistas aos alumnos. Un gran e divertido día de clase.

Un orgullo para nós compartir programa entre outros con Xaquín Lorenzo, Antonio Román, Manuel María, Baldomero Iglesias (Mero), Fuxan os Ventos,  Ugía Pedreira e Treixadura,  arredor do carro galego.

Para ilustrar este artigo aquí deixo dous videos.

Vídeo “Un carro en Requián” unha reportaxe realizada durante o noso traballo de campo, na que Álvaro e Lola xunguiron unha parella de vacas e atáronlle un carro para que nós tomáramos testemuña para o noso traballo.

Video extraído dunha filmación do desfile das Festas do Monte probablemente  1969 cos carros como protagonistas.

Etiquetado con: , ,

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

*