Ponte desmontable de Leonardo da Vinci

Con motivo da celebración do día da Ciencia e da Tecnoloxía en Galego decidimos realizar, cos alumnos de 2º ESO, o proxecto de construción da ponte desmontable de  Leonardo da Vince.

Tomamos como planos de referencia os que recomenda a páxina oficial da Ciencia en Galego (planos e instruccións), pero como queríamos aforrar en material e ademais a ponte proposta parecíanos un pouco grande para que os alumnos levaran para a casa, refixemos os planos para unha ponte máis pequena.

Os alumnos realizarán por parellas unha ponte pequena e, entre todos, faremos unha ponte máis grande para que quede de mostra no instituto. Gustaríanos atopar financiación para unha ponte de grandes dimensións (2 ou 3 m de largo), estamos a intentalo. Se algún dos nosos lectores quer axudar estarémoslle agradecidos.

Adxunto os planos que utilizaremos para a elaboración das pontes. Da ponte pequena xa fixemos un prototipo como se pode ver no plano. Máis adiante espero subir outro post ou un vídeo co proceso de fabricación, que tamén vale a pena.

lamina da ponte pequena

Lámina da ponte grande

ponte de leonardo con plataforma

Ponte de Leonardo da Vinci con plataforma

Etiquetado con: , , , ,

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

*