Aproveitamento da enerxía do mar II (enerxía das correntes)

Aínda que pareza incrible no mar hai unhas correntes de auga moi potentes, son as que fan que un obxecto, por exemplo, unha botella cunha mensaxe, percorra distancias moi longas. Calquera que tivera a oportunidade de pescar dende unha embarcación en mar aberto sabe de que estou a falar.

Con a idea de aproveitar a enerxía das correntes mariñas a empresa Voith deseñou unha turbina que poderíamos bautizar como hidroxerador polo seu parecido cos aeroxeradores que aproveitan a enerxía do vento.

As plantas de aproveitamento da enerxía das correntes mariñas están instaladas sobre o leito mariño, baixo a superficie da auga. As grandes vantaxes deste sistema son pois, que non é necesario realizar unha obra permanente que altere a paisaxe e que son totalmente limpas. Os inconvenientes son evidentes, poden afectar a flora e a fauna mariña e as zonas onde se instalen quedan inutilizadas para a pesca.

O maior reto para o desenvolvemento deste tipo de instalacións e facelas duradeiras con un mantemento razoable. Teñen que ter unha grande resistencia a corrosión xa que a auga salgada é un ambiente moi agresivo para os metais.

A empresa Voith ten instalado un prototipo de pouca potencia na costa de Corea do Sur, cunha potencia nominal de 110 kW. Nesta mesma zona está prevista a instalación dun parque que alcance unha potencia total de 150 MW. Neste ano 2012 a empresa ten proxectado instalar na costa de Escocia un prototipo moito máis grande, que alcanza 1 MW de potencia.

Etiquetado con: , , , ,

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

*