¿Fisterra?

Os máis vellos da Vila (e outros non tan vellos) din que nos días claros pódese ver Fisterra dende o alto do Monte de Santa Trega, na Guarda. Fai uns días tirei esta fotografía, o día non era o día máis claro do mundo, pero pódese apreciar como aparece nítidamente o perfil da costa. Eu creo que o que se ve no centro da fotofrafía é Aguiño e Santa Uxía de Ribeira e a liña de costa que se perde na parte esquerda corresponde a Fisterra.

Ahí queda a fotografía para o debate, a espera de atopar un día máis claro ou unha máquina máis potente.

Por certo, e por aportar algún dato máis, a distancia en liña recta dende o alto de Santa Trega ata a Aguiño (Ribeira) é de 71,8 km, e a distancia ao faro de Fistarra é de 115.21 km.

 

Galicia. Fisterra dende A Guarda

Etiquetado con: , , , ,

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

*