O carro galego

o carro galego

Na sección MONOGRAFÍAS aparece un novo enlace a “o carro galego”. Trátase dunha páxina web sobre o carro galego realizada durante o curso 2009-2010 no marco dun seminario permanente levado a cabo no IES A SANGRIÑA da Guarda.
Ademáis do galego, pódese acceder a páxina en castelán e inglés. Desta maneira o traballo, non solo sirve como recurso educativo para a comunidade galega, ten tamén unha vocación divulgativa da nosa cultura.
No recurso aparecen moitas fotografías, planos e animacións realizadas sobre un modelo virtual de carro que desenvolvemos para a ocasión que axudarán a aquel que non coñece nada deste medio de transporte a sumerxirse nas súas interioridades e, a aqueles aos que o carro lle é algo familiar, darálles unha nova visión.
Etiquetado con: , , , , , ,

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

*