Homenaxe ao Marqués de Sargadelos

O día 2 de febreiro cumpríronse 200 anos da tráxica morte en Ribadeo do Marqués de Sargadelos.
Antonio Raimundo Ibañez foi o artífice da primeira siderurxia española. Establecida en Sargadelos, representou unha evolución substancial das ferrerías da comarca que lle precederon. Dende esta páxina quérolle brindar a miña particular homenaxe a este home que a finais do século XVI creou un complexo industrial con altos fornos no que traballaban arredor de 300 persoas fabricando armas, municións, potes, etc.
Esta versión do Romance do Marqués de Sargadelos forma parte do traballo “A auga. Aplicacións enerxéticas na Galicia preindustrial”. Trátase dun romance de cego escrito e ilustrado por Isaac Díaz Pardo cantado ao son do pandeiro polo cantautor guardés Tino Baz.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

*