Timelapse. Alfombra na praza do Reló.

DSC_8734-001Na Guarda, como noutros moitos sitios de Galicia, existe a tradición de realizar alfombras florais. Cando chega o verán, grupos de veciños xúntanse durante varias semanas para preparar a materia prima coa que realizaran as alfombras.

As alfombras realízanse co gallo de festividades relixiosas para honrar o paso da procesión. Así, a noite antes da celebración córtanse as rúas para que os alfombristas poidan realizar as súas obras de arte.

O vídeo «Alfombra da praza do Reló» mostra o proceso de realización da alfombra e o paso da procesión, dende que se empeza a marcar na rúa ata que os empregados municipais limpan os restos da alfombra.

O tempo de gravación comprende aproximadamente 16 horas e está condensado en pouco máis de 4 minutos. Por cuestións técnicas ou pola necesidade de cambiar a cámara de sitio realizouse en 3 fases. En cada serie de fotos tiráronse algo máis de 900. O número total de fotografías utilizadas na montaxe é de  2843. Os intervalos de tempo entre fotografías foron de 18 segundos nas tomas nocturnas e 10 segundos na toma diúrna. Previo a realización da montaxe as fotografías foron procesadas con software HDR para mellorar a súa visualización, sobre todo nas tomas nocturnas. A montaxe realizouse directamente con Adobe Premiere, que permite creación directa de vídeo partindo de secuencias fotográficas. O número de fotogramas por segundo da montaxe é variable. Nas partes máis lentas é de 4 fps e nas partes máis rápidas é de 13 fps.

As fotografías foron realizadas cunha cámara Nikon 5100 que ten intervalómetro incorporado. Utilizáronse dúas baterías que foron alternándose en cada serie. Hai que ter en conta que as fotografías nocturnas, por ter exposicións prolongadas, consumen moita batería.

Espero que vos guste o resultado.

Etiquetado con: , , , ,

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

*