Galicia perdeu o día 5 de xaneiro a Isaac Díaz Pardo, un home fundamental para a súa cultura. Como empresario combinou a perfección tecnoloxía e cultura, aplicando coñecementos técnicos para a elaboración dun dos produtos galegos máis representativos e coñecidos, a cerámica de sargadelos. Algúns dos traballos que se poden ver en tecnoloxia.com teñen unha estreita relación con Isaac, hoxe quero recuperar un destes traballos para facerlle a miña particular homenaxe a este home admirable.
(1 Voto)









