tecnoloxia.com de joomla a wordpress

joomla wordpresstecnoloxía.com cambia de xestor de contidos de joomla a worpress. Isto conleva un lixeiro cambio de deseño e un cambio moito máis grande en canto a súa funcionalidade. Joomla é un gran CMS con dous principais inconvenientes ao meu parecer.

O primeiro é que, cando era necesaria unha actualización de versións por cuestións de seguridade, as veces as versións antigas non podían ser actualizadas de forma automática. Así pasou, por exemplo entre a 1,5 á 2.5. Houbo que realizar unha migración e a actualización non foi completa.

Outro dos problemas, para min o principal, era a maneira que ten e Joomla de categorizar ou organizar os contidos. Resulta que cando se crea un contido en joomla so se lle pode asignar unha categoría, de tal maneira que se temos dúas categorías “deseño” e “3D” e subimos unha creación feita con Sketchup so podemos incluíla nunha das dúas categorías. Isto limita moito a organización dos contidos e empeora a navegabilidade da páxina. Aquí é onde moitos xestores de contidos, entre eles wordpress, lle gañan a partida a joomla.

Ademais dos mencionados inconvenientes, estes días que levo traballando no deseño da nova páxina, doume conta de que é moito máis fácil configurar a páxina en wordpress que en joomla. A búsqueda e instalación de plugins, por exemplo, e moi sinxela e pode facerse dende o propio escritorio da páxina. A integración de wordpress con novos servizos que ofrece internet, relacionados coa comunicación e integración das redes sociais, é outro factor importante.

Joomla tamén tiña algunhas cousas moi interesantes ás que haberá que renunciar. Agora toca un período de adaptación que a verdade e que me está a resultar divertido.

Solo resta agradecer a xente da empresa na que teño aloxada a páxina hostsuar.com a súa colaboración no proceso de migración que, todo hai que dicilo, foi moito máis sinxelo do que eseperaba. Aínda que me faltan alguns retoques e resolver varias ligazóns rotas.

Publicado en: Divulgación, TICs Etiquetado con: , , ,

Un día en A Guarda. Un xogo con RPG Maker

fotograma vídeo promocionalO software RPG Maker é unha aplicación para a creación de xogos de rol en 2D que se basea na utilización de elementos predeseñados para elaborar os nosos programas. Poderíamos dicir que é unha aplicación de programación por bloques predefinidos.

Na aplicación, ademais de utilizar os bloques predefinidos, o deseñador pode crear os seus propios mapas partindo de unidades gráficas que veñen incorporadas  (tiles) ou deseñando as súas propias. O programador pode crear liñas de código ou scripts nunha linguaxe baseada en Ruby. Tamén se pode incorporar vídeo directamente no xogo.

Existen distintas comunidades RPG Maker na rede que organizan eventos, foros, publican os seus scripts e póñenos a disposición dos usuarios, crean titoriais, publican recursos gráficos, etc.

O autor do xogo “Un día en A Guarda”,  Néstor Lomba, un alumno de 2º da ESO,  informa na súa páxina web redcreando.es das súas características técnicas. Ten máis de 35 personaxes e máis de 200 obxectos tales como portas, cofres, carteis interactivos, etc. Ten efectos atmosféricos, choiva, tormenta e neve, que aparecen de forma aleatoria. Ten un sistema de batalla e manexo de ferramentas en tempo real co seu correspondente menú de equipamento. O xogo e os escenarios están baseados na Vila da Guarda (Pontevedra). No xogo tamén se incorporan fragmentos de vídeo realizados co programa Muvizu, que permite crear vídeos de animación en 3D.

Descarga do xogo.

Felicidades a Néstor polo seu gran traballo e o magnífico vídeo promocional.

Publicado en: Divulgación Etiquetado con: , , , , ,

A isto chamamos globalización?

En aparencia vivimos nun mundo cada vez máis globalizado. A diario temos moitas mostras disto. Podemos comunicarnos en tempo real con calquera persoa en case calquera lugar do mundo. Podemos acceder a calquera información que se suba a internet no mesmo instante en que se publica. Se nos asomamos a unha das moitas redes sociais que existen, podemos compartir experiencias con miles de persoas…Podemos tamén, mercar, a golpe de clic, calquera ben ou servizo en calquera lugar do planeta. Por todo isto, estes días, moitos clientes dun dos xigantes mundiais do comercio electrónico, “Amazon”, están moi indignados, e así o están facendo saber en foros e comentarios en distintas páxinas web, incluída a da empresa a que nos referimos. Como unha imaxe vale máis que mil palabras, na fotografía podemos ver de que falo. O mesmo artigo, a mesma empresa, a mesma moeda o mesmo continente, o mesmo mercado “COMÚN”,  pero unha diferenza de prezo do 38%. O mesmo artigo, da mesma empresa custa, 79 € na páxina en español, 59 € na páxina en italiano, e 49 € na páxina en alemán. Ah, e no único sitio no que hai que pagar os gastos de envío é precisamente en España.
E nós que pensabamos que mercar en internet era mercar no comercio global. Haberá que andar con coidado.

globalizacion?

Publicado en: Divulgación Etiquetado con: , ,

Os alumnos/as da Sangriña na Escola de Minas

Con motivo da semana da ciencia 2013 a ETS de Enxeñería de Minas da Universidade de Vigo organizou unhas xornadas de portas abertas do 11 ao 15 de novembro, para que os visitantes coñeceran a escola e participaran dos espazos de aprendizaxe/divulgación lúdicos que tiñan preparados para a ocasión.

Os profesores e alumnos de tecnoloxía do IES A Sangriña tivemos a oportunidade de visitar a escola de minas e participar de forma activa das diferentes actividades, atendidos e guiados moi amablemente por alumnos da propia escola.

Nada máis chegar as instalacións fomos recibidos polo grupo de alumnos voluntarios que nos acompañarnos á primeira actividade, na que puidemos ver en acción unha cámara termográfica como as que se empregan nos estudos de eficiencia térmica de edificacións. Ademais de ensinarnos a interpretar as termografías realizadas pola cámara, tamén nos puxeron no punto de mira.

termografía Leer más ›

Publicado en: Divulgación Etiquetado con: , , , , , , , , , ,

A hora do código.

a hora do códigoNa semana do 9 ao 15 de decembro celébrase a nivel mundial o evento “a hora do código”. O obxectivo é que persoas de todo o mundo dediquen unha hora, durante esa semana, a programar. A idea paréceme fantástica. Pode ser unha desculpa perfecta para que moitos estudantes de ensino medio, sobre todo os máis novos, teñan o seu primeiro contacto coa programación. En tecnoloxía traballamos a programación en 4º ESO, pero este ano, aproveitando este evento, farei unha introdución a programación con todos os meus alumnos.

A documentación e as actividades que nos ofrecen os organizadores son moi completas e accesibles. Será un pracer participar na nora do código. Coma un xogo.

Os participantes que completen unha hora adicada a programación durante esta semana recibirán un diploma personalizado..

Hai linguaxes, plataformas e retos para tódolos gustos. Nono dubides curiosea e participa.

http://code.org/

http://csedweek.org/

Publicado en: Noticias TIC Etiquetado con: , ,
Páxina 5 de 42« Primeira...34567...102030...Última »

Arquivos