A Estación Espacial Internacional sobre a Terra

Estación espacial internacional

Fotografía obtida en outubro do 2009 polo transbordador espacial Discovery cando abandonaba a Estación Internacional (ISS). O próximo viaxe do transbordador á Estación está programado para o 19 de novembro. Non teño palabras para explicar a sensación que me produce unha obra de enxeñería de semellante magnitude.
Esta imaxe foi publicada en http://observatorio.info o día 5 de outubro de 2009
 

Estación espacial internacional

Publicado en: Divulgación Etiquetado con: , , , ,

Tipos de plasticos: Relaciona arrastrando

Relaciona arrastrando é unha actividade feita con hotpotatoes. Pódese realizar a activiade na web ou descargar o arquivo zip que cotén o arquivo ca actividade.
Descarga actividade

Publicado en: Materiais Etiquetado con: , , , ,

Tipos de plásticos: Encrucillada

Encrucillada sobre tipos de pásticos realizada con hotpotatoes. Podes resolver a actividade dierectamente na web ou descargar o arquivosnecesario para subir a Moodle e plantexar unha actividade do tipo “exame hotpotatoes”.

Descarga actividade

Publicado en: Materiais Etiquetado con: , , , ,

A Xunta de Galicia desmantela Mancomún

Mancomún, software libre en galego

Mancomún, software libre en galegoSegundo a axencia de noticias Europa press e xornal.com a Xunta de Galicia pretende o desmantelamento de Mancomún. A noticia fala por si mesma, cada vez quedan menos dúbidas sobre a política de “austeridade“  do PP. Contratos millonarios parra adquisición de licencias de software privativo, sobre todo de windows. Destrución do proxecto de gratuidade dos libros de texto, beneficiando as editoriais que verán como a partir de agora os galegos teñen que volver a comprar libros cada ano, aumentando así os seus ingresos. E agora desmantelamento de Mancomún, o que significa, segundo as fontes mencionadas, perda de 2 millóns de euros.
E ben triste que o Partido Popular do Sr. Feijoo acabe cun dos proxectos tecnolóxicos máis interesantes que se estaban a levar a cabo en Galicia. Este tipo de proxectos estaban a situar a Galicia no mapa español das TICs. Con estas políticas voltaremos ao último lugar nas estadísticas relacionadas cas novas tecnoloxías ou desapareceremos delas.
Non podo expresar aquí, por educación, o que penso sobre estas políticas vellas e caducas.

Publicado en: Divulgación

Biblioteca de EducaLim

LIM: Libros Interactivos Multimedia é, como o defien na súa propia páxina, unha “contorna para a creación de materiais educativos” en formato flash. Na súa web ten un apartado de Biblioteca no que se poden achegar colaboracións e no que colgan xa magníficos materiais educativos de diferentes materias, pásate por alí, está moi ben.
Publicado en: Recursos TIC Etiquetado con: , , , , ,
Páxina 30 de 42« Primeira...1020...2829303132...40...Última »

Arquivos