Modelos de coche propulsado por hélice.

Nesta entrada móstrase un albun de fotografías nas que se pode ver os deseños dos coches propulsados por hélice, os modelos construídos e os creadores de cada un dos modelos. Podemos apreciar a calidade dos deseños comparándollos cos que logo construíron.

Publicado en: Divulgación, iTEC, Proxectos Etiquetado con: , ,

Coche propulsado por hélice. Resumo e informe.

coche de iriaChega o fin do curso e con elo o remate das actividades que se foron desenvolvendo durante o mesmo. É época de avaliar o traballo feito, de sacar conclusións e de publicar aquilo que pode servir para outros profesores e alumnos ou para min mesmo en cursos posteriores.

Fai uns días rematamos o proxecto no que estivemos traballando en 2º ESO nesta última fase do curso, o “Vehículo terrestre propulsado con hélice”. Este proxecto foi realizado en colaboración coa European Schoolnet no marco do iTEC que ten como lema “deseñando a clase do futuro”. Agora é o momento de sacar conclusións e de publicar o abundante material que temos en relación a este proxecto.

Nesta primeira entrega de material publicamos o informe final e o vídeo resumo do proxecto. Espero que o vídeo resulte inspirador a aqueles que queiran replicar esta actividade. Quero aproveitar para agradecer á páxina Tecnokent a súa publicación sobre este proxecto que a min tamén me resultou inspiradora.

Informe final do proxecto.

informe final_gal // informe final_eng  // informe final_cas

Publicado en: Divulgación, iTEC, Proxectos, V Proxectos Etiquetado con: , ,

Campións internacionais de modelado en 3D co mobil.

campións de modelado 3DUn grupo de alumnos de 2º de bacharelato do IES A Sangriña da Guarda acaba de gañar o campionato do mundo da “d3mobile.es metrology word league”, unha competición internacional de modelado en 3D de precisión co móbil para estudantes de 4º da ESO e bacharelato. O Instituto da Sangriña proclamouse gañador desta competición por segundo ano consecutivo. No ano 2013 xa conseguira gañar o campionato cun equipo formado por estudantes de 4º ESO.

A competición está organizada pola Universidade de Santiago de Compostela a través do grupo de investigación USCAN3D. Pola FECYT (Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología). Polo CEM (Centro Español de Metrología) e polo Instituto Geográfico Nacional.

O obxectivo desta competición é fomentar vocacións científicas e técnicas entre os xoves e espertar a súa capacidade investigadora a vez que aprenden a usar novas técnicas e ferramentas relacionadas coas novas tecnoloxías.

Dende que en xaneiro dera comezo a metrology word league, o equipo do IES A Sangriña da Guarda “tecnosang 2.1” compatibilizou, no sen esforzo, as esixencias do último curso do bacharelato coas propias da competición. As veces tiveron que traballar contrareloxo para entregar a tempo algunha das probas. Os integrantes do equipo e futuros estudantes de enxeñería, son Irene Rodríguez Rodríguez, Jorge Piedra Dorado e Alejandro González Martínez, coordinados polo profesor de tecnoloxía Antonio Lomba Baz.

A competición consiste en utilizar o seu teléfono móbil e un ordenador persoal, xunto cun software específico, para crear modelos tridimensionais a escala de obxectos reais. A técnica utilizada para realizar estes modelos recibe o nome de fotogrametría. A realización de modelos tridimensionais con esta técnica utilízase a nivel profesional en distintos ámbitos, é a que usan, por exemplo, para crear as tomas de “ollo de falcón” nos partidos de tenis.

Os integrantes do equipo campión queren agradecer o apoio e os ánimos de toda comunidade educativa así como o trato dispensado polos organizadores do evento.

A cerimonia de entrega de premios celebrarase o xoves 26 de xuño ás 12:00 no salón de actos da Escola Politécnica Superior de Lugo (Universidade de Santiago de Compostela).

Máis información.

http://www.d3mobile.es/

O vídeo que fixemos para a competición é un modelado dun pistón biela e cegoñal. Quedounos moi chulo. Senón mira.

Publicado en: Animacións 3D, Divulgación, TICs, V Proxectos Etiquetado con: ,

Arduino Control neumático con relés I

Relay Shield 4 relésArduino Shield 4 Reles.  É unha opción moi boa para traballar con Arduino. Estámolo utilizando para controlar un circuíto neumático pero atopámonos cun problema. A conexión das fichas de pins (as azuis) coa placa é moi mala. hai que estar movendo as conexións para que funcione. Tal como se vende, con estas fichas, non vale para unha solución profesional. Habería que cambiar as fichas para ter unha conexión fiable. De momento, para proxectos escolares, imos tirando.

Os alumnos de 4º ESO están facendo un proxecto e elaborando documentción sobre o uso desta placa para automatizar circuítos neumáticos. Cando teñamos rematado o proxecto publicaremos a documentación.

Deixo un vídeo da nosa primeira montaxe.

Publicado en: Control e robótica, Divulgación, Neumática e hidráulica Etiquetado con: , ,

XIII Xornadas de Tecnoloxía de Galicia

cartel xornadas tecnoloxia 2014

Publicado en: Divulgación Etiquetado con: ,
Páxina 3 de 4412345...102030...Última »

Arquivos