Sitios distintos: weavesilk.com

Para perder o tempo e sentirse un artista.

weavesilk.com

Publicado en: Sitios distintos Etiquetado con: , , ,

A Xunta de Galicia deixa morrer un gran proxecto educativo

moodle

moodleA Consellería de Educación da Xunta de Galicia arrancou fai algúns anos, concretamente en 2006, cun marabilloso proxecto que se chamaba web's dinámicas. Un proxecto horizontal baseado en software libre que permitiría, cunha inversión moi pequena, que tódolos centros de Galicia tiveran presencia activa na rede. O proxecto consistía en dar acceso, aos centros que o foran demandando, a plataformas de xestión de contidos; concretamente, Drupal, para contidos xenéricos; Moodle, para contidos educativos e Coppermine, para galerías de imaxes. Tamén se incorporou a este proxecto, creo recordar que con certos problemas, unha plataforma para a elaboración de webquest, phpwebquest; e máis tarde, unha plataforma para elaborar wikis.

Todo pintaba perfecto, moitos empezamos a traballar cas ferramentas que nos ofrecían, xa empezábamos a contar con bastante ordenadores e aulas de informática nos centros e agora tratábase de dar o seguinte paso, ter presencia en internet, crear e xestionar contidos educativos e darlle un uso didáctico a eses ordenadores.

Moitos centros, moitos profesores e moitos alumnos, levamos anos traballando neste proxecto que permite que os centros teñan un sitio no espacio virtual de internet, que os profesores nos centremos na elaboración e xestión de contidos e que os alumnos dispoñan dunha ferramenta de futuro, unha ferramenta web 2.0

Parecía que por fin había un proxecto educativo en Galicia que nos subiría ao carro das novas tecnoloxías. A nivel de participación debeu ser un éxito xa que chegou un momento que desbordou as previsións e o servidor no que estaban aloxadas as aplicacións empezou a dar sinais de sobrecarga. Parecía que había que seguir potenciando o proxecto e montouse outro ordenador máis potente para que servira de aloxamento a tanta produción e demanda como se estaba producindo.

Estabamos con esas cando algo empezou a fallar, o vello servidor colgábase cada pouco, nas horas punta a navegación empezou a ser moi lenta, tanto que impedía o desenvolvemento normal das clases. Os usuarios das webs dinámicas, sobre todo de Moodle, sufrimos moito durante o curso 2009-2010, non foi posible utilizar as nosas aulas virtuais con normalidade, non eran fiables. Os que tiveron a sorte de traballar no novo servidor, por engancharse ao proxecto máis tarde, tiñan menos problemas. Dende a Consellería dicíannos que pronto se a levaría a cabo a migración ao novo servidor… a fin de curso… durante o verán… a principio do curso 2010-2011… agora parece ser que no Nadal.

Estou desencantado, desgustado con esta consellería que deixou de lado un proxecto que funcionaba, que estaba crecendo, que segue crecendo a pesar das dificultades, un proxecto de verdadeiro futuro. barato: Montado con software libre no que os profesores elaboran e xestionan contidos. Independente: Os contidos e a súa xestión non pertencen a ningunha empresa, dependen de cada profesor. Horizontal: Non depende de que a Xunta mande a tal centro tal cousa, é unha ferramenta ao alcance de todos os centros, profesores e alumnos de Galicia e solo depende dos usuarios o que con ela se constrúa.

Gustaríame que os responsables de webs dinámicas publicaran unha estadística sobre a súa implantación para que todos coñecéramos o seu alcance. A súa potencialidade non ofrece dúbidas asegúrovolo.

A Xunta apostou por outro proxecto de incerto futuro, un proxecto que na súa primeira fase solo chaga a 14000 alumnos e que ten un custo de 12 millóns de euros. Por certo que, como pouco, empezará cun ano de atraso. Solo espero que a alguén se lle acenda unha luz e que non boten por terra o que, sen publicidade nin ruído, é o proxecto educativo de integración das tecnoloxías da información e comunicación máis importante que se emprendeu en Galicia.

Máis información sobre o proxecto

Por certo, durante esta tarde non funcionaron as páxinas de web dos institutos que forman parte de webs dinámicas e tampouco funcionou a páxina do proxecto http://centros.edu.xunta.es/websdinamicas/

Publicado en: Reflexións Etiquetado con:

Ficha de clasificación dos mateirais

ficha materiais

Na mesma liña ca entrada correspondente a ficha de ferramentas para madeira, esta é unha ficha que aparece no libro de recursos de 3º ESO da editorial Santillana convertida a ficha interactiva en pdf. Pódese completar en liña para imprimila ou gardala.

ficha materiais

Publicado en: Materiais Etiquetado con: ,

Ficha de ferramentas para madeira

ficha de ferramentas para madeira

Trátase dunha ficha en fomato pdf deseñada para completar no PC. A principal particularidade, ademais de poder completala e imprimila directamente no PC, é que ofrece a posibilidade de gardala dende o Acrobat Reader. Tamén Cabe a posibilidade, sen demasiada dificultade, de poñerlle un botón para enviala directamente a un correo predeterminado

A idea de deñeñar este tipo de fichas é que poidan server para realizar actividades de Moodle do tipo “tarefa de envio de arquivo”. Na proposta da actividade en Moodle ofrécese acceso a ficha con un simple clic do rato,  o alumno enchea e a continuación pode gardala e enviala para ser correxida polo profesor. Este sistema de traballo permite que o profesor suxira correcións ao alumno e que este as faga sobre a mesma ficha para reenviala despois.

ficha de ferramentas para madeira

Publicado en: Materiais Etiquetado con: , , , , , ,

Videoconferencia: Do CERN a Compostela coa Física de Partículas

aula de tecnoloxía do ies a sangriñaEsta mañá, 04 de novembro de 2010, profesores e alumnos do IES A Sangriña tivemos a oportunidade de participar, xunto con moitos centros de Galicia, nunha interesantísima actividade. Unha videoconferencia organizada por CGENDL e o Departamento de Física de Partículas da Universidade de Santiago de Compostela, na que investigadores galegos do CERN e da Facultade de Física da USC nos explicaron un pouco do seu traballo e dos proxectos científicos que desenvolven na actualidade. Esta actividade estaba enmarcada na xornada da Ciencia e da Tecnoloxía en Galego.

No transcurso da videoconferencia tivemos a oportunidade de ir facendo preguntas vía chat. Moitas das nosas preguntas foron respostadas polos científicos do CERN, Elena González Ferreiro, Teresa Fonseca e Abraham Gallas a os que lles estamos moi agradecidos por dedicarnos un pouco do seu tempo, tamén queremos dar as gracias aos organizadores en especial a Carlos Salgado presentador da videoconferencia e membro do Departamento de Física de Partículas da Universidade de Santiago.

Publicado en: Divulgación Etiquetado con: , , , ,
Páxina 20 de 42« Primeira...10...1819202122...3040...Última »

Arquivos