Aproveitamento da enerxía do mar II (enerxía das correntes)

Aínda que pareza incrible no mar hai unhas correntes de auga moi potentes, son as que fan que un obxecto, por exemplo, unha botella cunha mensaxe, percorra distancias moi longas. Calquera que tivera a oportunidade de pescar dende unha embarcación en mar aberto sabe de que estou a falar.

Con a idea de aproveitar a enerxía das correntes mariñas a empresa Voith deseñou unha turbina que poderíamos bautizar como hidroxerador polo seu parecido cos aeroxeradores que aproveitan a enerxía do vento.

As plantas de aproveitamento da enerxía das correntes mariñas están instaladas sobre o leito mariño, baixo a superficie da auga. As grandes vantaxes deste sistema son pois, que non é necesario realizar unha obra permanente que altere a paisaxe e que son totalmente limpas. Os inconvenientes son evidentes, poden afectar a flora e a fauna mariña e as zonas onde se instalen quedan inutilizadas para a pesca.

O maior reto para o desenvolvemento deste tipo de instalacións e facelas duradeiras con un mantemento razoable. Teñen que ter unha grande resistencia a corrosión xa que a auga salgada é un ambiente moi agresivo para os metais.

A empresa Voith ten instalado un prototipo de pouca potencia na costa de Corea do Sur, cunha potencia nominal de 110 kW. Nesta mesma zona está prevista a instalación dun parque que alcance unha potencia total de 150 MW. Neste ano 2012 a empresa ten proxectado instalar na costa de Escocia un prototipo moito máis grande, que alcanza 1 MW de potencia.

Publicado en: Enerxía Etiquetado con: , , , ,

FOTOGRAFIANDO A LÚA

Non pretendo crear un manual ou titorial, simplemente contar a miña experiencia de éxito, e digo de éxito porque ao final conseguín o que pretendía, tirar unha foto da lúa que me resultase satisfactoria e que puxese a proba o meu equipo.

Aínda quedan por probar algunhas cousas para intentar mellorar o resultado, por exemplo, o uso dun trípode, o manexo dun disparador remoto, ou aproveitar unha desas superlúas que aparecen de cando en vez, tamén se pode mellorar o equipo, pero iso é máis difícil.

Equipo e regulacións.

A cámara utilizada foi unha Nikon D5100 e un obxectivo zoom VR55-200 F/4-5,6G. A distancia focal foron 200 mm, había que aproveitar o zoom ao máximo, e o enfoque automático a un punto único.

En canto a exposición, fixen varias probas con resultados moi similares, variando a apertura do diafragma e a velocidade, sempre co dial en posición manual (M). En concreto a fotografía que ilustra este post, está feita con un diafragma F/8, unha velocidade de 1/800 s, unha sensibilidade ISO 100 e sen usar trípode.

O tamaño da imaxe é o máis grande que permite a cámara e o formato do arquivo é RAW (.NEF), para poder axustar con posterioridade algúns parámetros no ordenador.

Os axustes posteriores que fixen no ordenador foron, unha compensación da exposición de +0,7 EV e un incremento da nitidez de 1 punto.

Para rematar comentar que a foto foi tirada á 1:38 da madrugada dunha notite moi clara, cando a lúa se atopaba no alto do ceo.

lua de setembro

Publicado en: Fotografías Etiquetado con: , , , , ,

Aproveitamento da enerxía do mar I (enerxía das ondas)

A empresa Voith, pioneira en desenvolvemento de tecnoloxías marítimas, é a unha precursora no aproveitamento da enerxía das ondas.

No vídeo móstrase o funcionamento da tecnoloxía OWC( Oscillating Water Column, ou Columna de Auga Oscilante) en cuxo principio se basea o sistema desenvolto por Voith.

Hai dúas instalacións funcionando segundo o proxecto que aparece no vídeo, unha en Escocia, un proxecto piloto localizado en Inverness, onde a empresa Voith ten o seu centro de desenvolvemento, e outro que opera a nivel comercial, instalado no ano 2011 no municipio de Mutriku, unha vila costeira da provincia de Guipúscua. Esta instalación atópase ubicada  no dique exterior de abrigo do porto de Matriku.

A potencia da instalación de Mutriku é de 296 kW, opera con 16 turbinas e pode producir ata 970 MWh ao ano. As turbinas da central foron fabricadas na planta que a empresa responsable do proxecto ten na localidade Guipúscoana de Tolosa.

Publicado en: Enerxía Etiquetado con: , , , , , ,

Sr. Ministro. Tecnoloxía Si /Sr. Ministro. Tecnología Si

Desde tecnoloxía.com quero manifestar a miña máis enérxica protesta diante do Ministro de Educación por pretender eliminar practicamente do ensino secundario e bacharelato a materia de tecnoloxía.

TECNOLOXÍA SI

 

Desde tecnoloxia.com quiero manifestar mi protesta más enérgica delante del Ministro de Educación por pretender eliminar prácticamente de la enseñanza secundaria y bachillerato la materia de tecnología.

 

TECNOLOGÍA SI

Publicado en: Divulgación Etiquetado con: , , ,

Xeito. Porto da Guarda (Timelapse + HDR)

O vídeo que se mostra, no que se plasma o movemento que hai no porto da Guarda pola pesca e o desmalle da sardiña, está realizado coa técnica do Timelase, que consiste en tomar unha serie de fotografías cun determinado intervalo de tempo entre elas para logo montalas nunha secuencia de video.

Con esta técnica conseguimos plasmar en poucos segundos o paso de moito tempo. É unha maneira moi efectiva e espectacular de condensar o tempo, chegando a ver detalles dos que non nos percatamos polo lentos que se producen.

Ademais, algunhas partes deste video, como por exemplo a primeira secuencia, están compostas por imaxes ás que previamente se lle fixo un tratamento HDR (High Dinamic Range). Con esta técnixa consíguense fotografías ou fotovideos, como neste caso, cuns efectos moi vistosos gracias a manipulación da luz nas distas zonas das imaxes.

Publicado en: A Guarda Etiquetado con: , , , , ,
Páxina 10 de 42« Primeira...89101112...203040...Última »

Arquivos