MONOGRAFÍAS

logo mecanismosA auga (serra de auga)O carro galegomotor mendocinoAula virtual Moodle

Estas monografías preséntanse como traballos completos e independentes.

MECANISMOS. E unha páxina web realizada en flash. Trata dos mecanismos de transmisión e transformación do movemento con animacións interactivas moi vistosas, simulacións en java e actividades de autoavaliación. Este traballo acadou o segundo premio na convocatoria dos premios SIEGA 2004 de material educativo innovador.

A AUGA. APLICACIÓNS ENERXÉTICAS NA GALICIA PREINDUSTRIAL. E un traballo multidisciplinar, presentado cunha interface en flash, sobre as máquinas preindustriais movidas por auga. Muíños, batáns, mazos e serras. O traballo sobre estes enxeños abordouse dende distintos ámbitos. Xeografía e historia, tecnoloxía, xeometría, literatura e ciencia. Ten animacións interactivas, simulacións mapas, fotografías e material multimedia. Practicamente todo material e interactivo polo que encaixa moi ben no traballo coa PDI. Este traballo acadou o primeiro premio no certame da Xunta de Galicia de innovación educativa do ano 2007

O CARRO GALEGO. Este recurso foi elaborado para a súa publicación na rede co programa eXeLearning. Neste traballo abordase o estudo do carro galego desde distintos puntos de vista. Faise un estudo técnico do conxunto e de cada unha das partes. Abordase o carro como medio de transporte tradicional e o seu papel na sociedade agraria galega e, por último, analízase a relación entre o carro e a literatura. No traballo tamén se inclúen vídeos fotografías e planos para coñecer mellor o carro. Con este traballo participamos no programa da rtvg “No bico un cantar” dedicado a canción “O Carro” de Fuxan os Ventos.

MOTOR MENDOCINO. Ao igual co traballo do carro galego, este proxecto tamén está elaborado con eXelearning. O motor Mendocino funciona con placas solares fotovoltaicas e un sistema de imáns para suspender o rotor por levitación magnética. Neste caso o traballo abordouse coma un proxecto de investigación sobre este motor do cal se construíron 3 prototipos. O obxectivo era buscar un modelo para poder levalo a aula coma un proxecto realizable. Xa se testou o proxecto con alumnos de 2º de bacharelato con resultados moi satisfactorio.

VIDEOCURSO MOODLE 1.X. O que aquí se publica é o material en vídeo correspondente a un curso de Moodle que leva por título orixinal “As actividades en Moodle no ámbito científico matemático”. Este curso está publicado en aberto na aula virtual do IES A Sangriña (ligazón). A súa vez os 39 videotitoriais publicados en youtube tamén forman parte dun curso da PLATEGA (Plataforma de Teleformación Galega).