Concurso de avións de papel

concurso de aviónsAntes do entroido estivemos celebrando no instituto o I CONCURSO DE AVIÓNS DE PAPEL IES A SANGRIÑA. Na competición podían participar os alumnos/as matriculados no centro e os profesores. O concurso contemplaba dúas modalidades. “Distancia máis longa” e “maior tempo de voo”. A maioría dos participantes inscribíronse nas dúas modalidades. Cada participante dispoñía de 3 lanzamentos por modalidade.

A participación foi moi numerosa, o número de inscritos ascendeu a 46. A competición celebrouse no pavillón do centro e tivo unha duración de 3 días durante os tempos de recreo. Os días previos os participantes tiveron a oportunidade de probar os seus modelos no mesmo escenario onde ía a ser a competición. A organización do evento correu a cargo dun grupo de alumnos de 2º de bacharelato que ademais foron os xuíces da competición. Dado o carácter educativo da actividade foron tamén alumnos os encargados e elaborar cartelería, formularios de inscrición, difusión en internet, etc.

Os gañadores foron Jorge Piedra Dorado, de 2º de bacharelato, na modalidade de “maior tempo de voo”, quen conseguiu que o seu avión estivera no aire durante 7,59 segundos, e Víctor Núñez Quintela, alumno de 1º de bacharelato vencedor na modalidade de “distancia máis longa”, que conseguiu que o seu avión percorrera unha lonxitude de 24 metros.

O evento resultou un éxito tamén a nivel de público, a medida que transcorrían os días de competición era maior o número de asistentes que acudía a animar aos seus favoritos, superando, nos momentos de maior afluencia, os 200 asistentes. O concurso rompeu a monotonía da vida académica e fixo disfrutar a moitos alumnos e alumnas dunha actividade moi habitual para os seus proxenitores pero moi novidosa para eles.

A continuación pódese ver o vídeo e algunhas fotografías do evento.

Publicado en: Divulgación Etiquetado con: ,

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

*

Arquivos