tecnoloxia.com de joomla a wordpress

joomla wordpresstecnoloxía.com cambia de xestor de contidos de joomla a worpress. Isto conleva un lixeiro cambio de deseño e un cambio moito máis grande en canto a súa funcionalidade. Joomla é un gran CMS con dous principais inconvenientes ao meu parecer.

O primeiro é que, cando era necesaria unha actualización de versións por cuestións de seguridade, as veces as versións antigas non podían ser actualizadas de forma automática. Así pasou, por exemplo entre a 1,5 á 2.5. Houbo que realizar unha migración e a actualización non foi completa.

Outro dos problemas, para min o principal, era a maneira que ten e Joomla de categorizar ou organizar os contidos. Resulta que cando se crea un contido en joomla so se lle pode asignar unha categoría, de tal maneira que se temos dúas categorías «deseño» e «3D» e subimos unha creación feita con Sketchup so podemos incluíla nunha das dúas categorías. Isto limita moito a organización dos contidos e empeora a navegabilidade da páxina. Aquí é onde moitos xestores de contidos, entre eles wordpress, lle gañan a partida a joomla.

Ademais dos mencionados inconvenientes, estes días que levo traballando no deseño da nova páxina, doume conta de que é moito máis fácil configurar a páxina en wordpress que en joomla. A búsqueda e instalación de plugins, por exemplo, e moi sinxela e pode facerse dende o propio escritorio da páxina. A integración de wordpress con novos servizos que ofrece internet, relacionados coa comunicación e integración das redes sociais, é outro factor importante.

Joomla tamén tiña algunhas cousas moi interesantes ás que haberá que renunciar. Agora toca un período de adaptación que a verdade e que me está a resultar divertido.

Solo resta agradecer a xente da empresa na que teño aloxada a páxina hostsuar.com a súa colaboración no proceso de migración que, todo hai que dicilo, foi moito máis sinxelo do que eseperaba. Aínda que me faltan alguns retoques e resolver varias ligazóns rotas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

*