Mapa conceptual da web 2.0 con Draw.io

Logo draw.ioEstes días estamos traballando na materia de TICs con servizos e servidores da web 2.0. Sobre este tema cóntannos as últimas novidades cada día páxinas especializadas que de seguro todos temos en favoritos. Tanto é así que o difícil e coñecer tantos servizos e ferramentas, saber se teñen verdadeira utilidade e, por suposto moito máis difícil, probalas. E moi fácil emborracharse das virtudes que din que ofrecen os novos servizos e saltar de un a outro simplemente admirando a ferramenta e o que é capaz de facer pero sen usala realmente para o que foi creada. Imaxino que vos pasará como a min, que xa estades rexistrados en máis sitios dos que sodes capaces de recordar, e de todos os servizos que vos ofrecen non coñecedes máis que o nome, e as veces nin iso. Eu intento resistirme, pero hai algúns días que nono consigo e sucumbo as tentacións. Entonces doume unha sobredose de servizos, aplicacións, extensións e ferramentas milagrosas para descubrir que, a maioría das veces, o único que consigo e unha tremenda resaca.

A hora de abordar este tema, como ia dicindo, optei por falarlles aos alumnos de servizos e ferramentas clásicas e testadas (e gratuítas), non moitas, sabendo que eles, de seguro, coñecen o nome doutras moitas que utilizan ou aparecen nas búsquedas de Google. A nosa modesta lista quedou dentro dun libro de Moodle, na nosa aula virtual, pero ocorréuseme que podería ser un bo exercicio usar un dos servizos do catálogo para sacar este mesmo catálogo fora da aula e dar a coñecer o contido da caixa de ferramentas da web 2.0 coa que empezamos este curso. Propúxenlles facer o típico mapa conceptual con premio para os mellores e eu tamén me puxen mans a obra. Así descubrín draw.io unha ferramenta para crear mapas conceptuais que aporta unha serie de vantaxes respecto ás que tiña utilizado. A parte do exemplo que aparece máis abaixo quero destacar algunhas características polas que me parece unha boa ferramenta.

  • É gratuíta
  • Traballa en liña e pode facelo con máis dun usuario a vez, facilitando a creación de mapas compartidos en tempo real.
  • Está integrada en Google Drive, alí se gardan os nosos mapas.
  • Ten moitísimas formas ou iconas, neste apartado é moi interesante para tecnoloxía o grupo de formas eléctricas.
  • Ten formas que permiten editar o seu contido en html o que facilita incluír calquera tipo de información nos nosos mapas.
  • Está dispoñible en 30 idiomas, entre eles o español e o portugués.
  • Permite gardar en formatos de mapa de bits e vectoriais, incluído pdf.
  • Permite xerar o código para que poidamos inserir o mapa en calquera páxina mantendo a interactividade no caso de que a tela.

O exemplo. Servizos e servidores web 2.0 máis comúns.

Servizos web 2.0 v2(1)

Un comentario en “Mapa conceptual da web 2.0 con Draw.io
  1. have you tried our diagramming tool Creately ? You can draw concept maps, flowcharts, mind maps and many other diagram types.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

*