Manuel María. Poesía de auga (conversión .swf a html5)

Poeta Manuel MaríaEste ano 2016 dedícase o día das Letras Galegas ao poeta chairego Manuel María, poeta de grato recordo para min dende que no ano 2004, Un grupo de profesores do IES A SANGRIÑA da Guarda, tivemos a oportunidade de incluír no traballo: “a auga aplicacións enerxéticas na Galicia preindustrial”, algúns dos seus poemas relacionados cos ríos coa auga e cos muíños.
A evolución tecnolóxica resultou ser unha ameaza para o mencionado traballo no que puxemos tantas ganas e ilusión. Resulta que a interface do traballo, presentado como unha web animada e interactiva estaba realizada en flash, e esta tecnoloxía, debido a problemas de seguridade e a estratexias empresariais, está a punto de deixar de ser funcional nos navegadores de internet.
Aproveitando estas dúas circunstancias: o feito que se dedique o día das letras galegas 2016 a Manuel María e que a tecnoloxía flash estea a punto de desaparecer dos nosos navegadores, decidín intentar recuperar para o futuro parte do traballo da “auga” empezando precisamente pola poesía de Manuel María.
Para converter os arquivos coas animacións gráficas dos poemas en flash coa extensión .swf ao estándar html5 utilicei o conversor de google Swiffy. Apareceron algúns problemillas na conversión pero o resultado é aceptable. Para organizar e dar unha visión de conxunto ás poesías de Manuel María deseñei unha páxina web sinxela utilizando Exelearning. O resultado é unha nova monografía en tecnoloxia.com. Esta é a miña homenaxe as letras galegas en 2016, quedades convidados/as a gozar dela.

LIGAZÓN A WEB DE MANUEL MARÍA

Publicado en: Divulgación

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

*

Arquivos