II Concurso de avións de papel

DSC_6572O II Concurso de avións de papel IES A SANGRIÑA contou cunha numerosa participación e foi un gran éxito en canto ás marcas acadadas. Nesta edición  participaron tres profesores, o que engadiu máis emoción e expectación ao concurso.

Durante os tres días que durou a competición numeróso público acudiu ao pavillón do IES A Sangriña para animar aos seus participantes favoritos. A media de público asistente superou os 250 alumnos que nesta edición foron moi ruidosos e festeiros. Os momentos de máis algarabía vivíronse durante os lanzamentos do profesor Ramón Quiroga.

As marcas dos gañadores superaron as conseguidas o curso pasado. Os tres clasificados en cada unha das categorías son:

Tempo de voo.

1º Manuel Ángel Silva Martínez 3º ESO-B 7,73 seg

2º Antonio Lomba Baz (profesor) 7,5 seg

3º Jorge Vicente Lomba 2º BACH-D 5,8 seg

Distancia.

1º Lucas Martínez López 1ºBACH-D 26,4 m

2º Víctor Álvarez Martínez 2ºBACH-A 25,1 m

3º Miguel Valiente Carrascosa 1ºBACH-B 24,9 m

 Os resultados completos de tódolos participantes poden consultarse na seguinte ligazón.

Publicado en: Divulgación Etiquetado con: ,

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

*

Arquivos