Non é por presumir (Avións de papel)

concurso de avións 1Os alumnos de Electrotecnia de 2º BACH xa están traballando na organización do II CONCURSO DE AVIÓNS DE PAPEL DO IES A SANGRIÑA. Estamos na fase de revisión das bases.

Se todo vai segundo o previsto pronto publicaremos o cartel e comezaremos coa inscrición dos participantes.

Este ano temos como aliciente que a Universidade de Vigo tamén realizou un concurso de avións de papel que se correspondía cunha fase da “Red Bull Papel Wings”. Eles remataron a competición a finais de febreiro. Foi sorprendente comparar os resultados dos gañadores da UVIGO cos do concurso da Sangriña do ano pasado nas modalidades nas que coincidimos.

Tempo de voo: pola Sangriña, Jorge Piedra Dorado 7,59 segundos. Pola UVIGO, Alejandro Eluga 5.09 segundos.

Distancia máis longa: pola Sangriña, Víctor Núñez Quintela 24 metros. Pola UVIGO, Abel González 21,14 metros.

Non é por presumir pero os nosos resultados son bastante mellores cos da UVIGO.

Podes acceder a información do concurso do ano pasado na seguinte ligazón.

Publicado en: Divulgación Etiquetado con: ,

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*


*

Arquivos