Coche propulsado por hélice. Rúbrica e memorias

Coche botellaPara rematar coas publicacións do proxecto do coche propulsado por hélice publico nesta entrada tres memorias seleccionadas entre todas as que fixeron os alumnos. Estes documentos, elaborados polos integrantes de cada grupo, recollen toda a  documentación escrita da actividade. Estas memorias poderían servir como referencia a calquera que quixera replicar este proxecto. As tres teñen o mesmo esquema, porque a estructura da memoria foi un requisito imposto por min para a elaboración da documentación, co fin de unificar criterios e de poder traballar coa rúbrica de avaliación que tiña deseñada.

Tamén publico, en formato pdf, unha reproducción da folla de cálculo que me serveu como rúbrica para a corrección dos traballos. Nela ven especificado o peso de cada un dos tres apartados nos que dividín o proxecto e o peso máximo dos subapartados que se avalían.

Memoria 1. Delia Alfonso e Sara González

Memoria 2. Néstor Lomba e Belén Pacheco.

Memoria 3. Iria Fernández, Antía Encisa e Cristian Baz

Rúbrica cos criterios de avaliación

Etiquetado con: , ,

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

*