Coche propulsado por hélice. Resumo e informe.

coche de iriaChega o fin do curso e con elo o remate das actividades que se foron desenvolvendo durante o mesmo. É época de avaliar o traballo feito, de sacar conclusións e de publicar aquilo que pode servir para outros profesores e alumnos ou para min mesmo en cursos posteriores.

Fai uns días rematamos o proxecto no que estivemos traballando en 2º ESO nesta última fase do curso, o «Vehículo terrestre propulsado con hélice». Este proxecto foi realizado en colaboración coa European Schoolnet no marco do iTEC que ten como lema «deseñando a clase do futuro». Agora é o momento de sacar conclusións e de publicar o abundante material que temos en relación a este proxecto.

Nesta primeira entrega de material publicamos o informe final e o vídeo resumo do proxecto. Espero que o vídeo resulte inspirador a aqueles que queiran replicar esta actividade. Quero aproveitar para agradecer á páxina Tecnokent a súa publicación sobre este proxecto que a min tamén me resultou inspiradora.

Informe final do proxecto.

informe final_gal // informe final_eng  // informe final_cas

Etiquetado con: , ,

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

*