Coche propulsado por hélice. Fase de fabricación

diseño coche propulsado por helice_wpDurante as pasadas semanas os alumnos de 2º ESO estiveron facendo os deseños en 3D dos seus vehículos propulsados por hélice. A maioría xa os rematou pero aínda hai algúns que seguen traballando, sobre todo aqueles que se plantexaron deseños complexos. As limitacións no manexo do Sketchup esta a ser un reto para algúns. En futuras edicións deste proxecto quizá habería que programar máis tempo para o deseño. De calquera maneira hai deseños moi vistosos. Cando remate o proxecto publicarémolos todos, por suposto.

Durante esta fase de deseño visitáronnos os profesores Roberto e Sonia, da escola de Enxeñería de Telecomunicacións de Vigo, os coordinadores do proxecto iTEC no que está enmarcada esta práctica educativa. Resultou moi gratificante para os alumnos que viñeran a velos traballar.

Esta semana empezamos a traballar na fabricación. Os alumnos trouxeron os planos das súas “máquinas”, os materiais especiais que cada un escolleu para a carrozaría e os elementos de rodadura que cada grupo vai a utilizar. Estamos en plena efervescencia creativa. A verdade, é un pracer velos traballar, a todos, con tantas ganas.

2ºESO A na aula taller de tecnoloxía

 

Publicado en: iTEC, Proxectos Etiquetado con: , ,

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

*

Arquivos