Coche propulsado por hélice. Fase de fabricación

diseño coche propulsado por helice_wpDurante as pasadas semanas os alumnos de 2º ESO estiveron facendo os deseños en 3D dos seus vehículos propulsados por hélice. A maioría xa os rematou pero aínda hai algúns que seguen traballando, sobre todo aqueles que se plantexaron deseños complexos. As limitacións no manexo do Sketchup esta a ser un reto para algúns. En futuras edicións deste proxecto quizá habería que programar máis tempo para o deseño. De calquera maneira hai deseños moi vistosos. Cando remate o proxecto publicarémolos todos, por suposto.

Durante esta fase de deseño visitáronnos os profesores Roberto e Sonia, da escola de Enxeñería de Telecomunicacións de Vigo, os coordinadores do proxecto iTEC no que está enmarcada esta práctica educativa. Resultou moi gratificante para os alumnos que viñeran a velos traballar.

Esta semana empezamos a traballar na fabricación. Os alumnos trouxeron os planos das súas “máquinas”, os materiais especiais que cada un escolleu para a carrozaría e os elementos de rodadura que cada grupo vai a utilizar. Estamos en plena efervescencia creativa. A verdade, é un pracer velos traballar, a todos, con tantas ganas.

2ºESO A na aula taller de tecnoloxía

 

Publicado en: iTEC, Proxectos Etiquetado con: , ,

Inkscape me importa. “Un pimiento”

Inkscape é un magnífico editor de imaxes vectorial para o deseño gráfico. É un programa multiplataforma libre e gratuíto e, para min, unha aplicación de referencia no ensino, imprescindible para calquera deseñador co permiso de Illustrator de Adobe. Calquera que estea interesado pode atopar na rede toda a información que precise para iniciarse neste magnífico programa.

Non é o obxectivo desta entrada falar das virtudes e características de inkscape, simplemente quería mostrar ese pemento vermello que acabo de crear. De momento solo subo a imaxe en mapa de bits para que os meus alumnos non teñan a tentación de tomar a imaxe vectorial en .svg prestada.

Descarga de inkscape.

pemento1

Publicado en: Divulgación, Programas, Recursos TIC, TICs Etiquetado con: ,

Variacións musicais. Scratch for Arduino (S4A)

s4a

Hoxe presento unha divertida experiencia con Scratch e Arduino feita con S4A. Trátase da montaxe un organo sensible as variacións de luz. Hai dous captadores LDR. Un deles encarganse de manexar un instrumento musical que elixamos, e o outro a percusión. A vez as variacións luminosas producen tamén variacións dos elementos que aparecen no monitor. Cores, tamaños xiros, etc. O efecto é moi vistoso e o manexo do “arduino-musical” moi divertido.
Se alguén está interesado en realizar a montaxe podo facilitarlle o código e o esquema.

Publicado en: Control e robótica Etiquetado con: , ,

Proxecto 2º ESO. Vehículo terrestre propulsado con hélice

Logo do proxecto do coche con héliceEste ano imos a traballar con 2º ESO no proxecto dun coche propulsado con hélice. Hai algúns centros que xa traballaron sobre este proxecto e todos din que a experiencia foi moi boa. Agora tócanos a nós desfrutar desa experiencia. Os alumnos están moi ilusionados

Neste caso o proxecto ten para min un interese especial por estar integrado no  iTEC (Innovative Technologies for Engaging Classrooms) da European Schoolnet. Xa teño redactado o escenario do proxecto, agora estou traballando nas actividades  e na avaliación. En futuras entregas irei comentando esta experiencia.

Publicado en: Divulgación, iTEC, Proxecto Abalar, Proxectos Etiquetado con: , ,

Concurso de avións de papel

concurso de aviónsAntes do entroido estivemos celebrando no instituto o I CONCURSO DE AVIÓNS DE PAPEL IES A SANGRIÑA. Na competición podían participar os alumnos/as matriculados no centro e os profesores. O concurso contemplaba dúas modalidades. “Distancia máis longa” e “maior tempo de voo”. A maioría dos participantes inscribíronse nas dúas modalidades. Cada participante dispoñía de 3 lanzamentos por modalidade.

A participación foi moi numerosa, o número de inscritos ascendeu a 46. A competición celebrouse no pavillón do centro e tivo unha duración de 3 días durante os tempos de recreo. Os días previos os participantes tiveron a oportunidade de probar os seus modelos no mesmo escenario onde ía a ser a competición. A organización do evento correu a cargo dun grupo de alumnos de 2º de bacharelato que ademais foron os xuíces da competición. Dado o carácter educativo da actividade foron tamén alumnos os encargados e elaborar cartelería, formularios de inscrición, difusión en internet, etc.

Os gañadores foron Jorge Piedra Dorado, de 2º de bacharelato, na modalidade de “maior tempo de voo”, quen conseguiu que o seu avión estivera no aire durante 7,59 segundos, e Víctor Núñez Quintela, alumno de 1º de bacharelato vencedor na modalidade de “distancia máis longa”, que conseguiu que o seu avión percorrera unha lonxitude de 24 metros.

O evento resultou un éxito tamén a nivel de público, a medida que transcorrían os días de competición era maior o número de asistentes que acudía a animar aos seus favoritos, superando, nos momentos de maior afluencia, os 200 asistentes. O concurso rompeu a monotonía da vida académica e fixo disfrutar a moitos alumnos e alumnas dunha actividade moi habitual para os seus proxenitores pero moi novidosa para eles.

A continuación pódese ver o vídeo e algunhas fotografías do evento.

Publicado en: Divulgación Etiquetado con: ,
Páxina 4 de 44« Primeira...23456...102030...Última »

Arquivos