O carro galego I

carro6-1
o carro galegoDende fai algún tempo teño a páxina algo abandonada, xusto o mesmo tempo que levo traballando nun novo e interesante proxecto con algúns compañeiros do instituto. Temos constituído un seminario permanente para o estudio do carro galego. Estiven elaborando un debuxo do carro en 3D aquí mostro un adianto do resultado.
Como nunca se sabe onde pode aparecer un colaborador deixo aquí un enlace a un cuestionario que estamos a distribuir para recabar información. Se che apetece colaborar podes enviar o cuestionario á dirección de correo: lomba arroba tecnoloxia.com
Ficha cuestionario sobre sobre o carro galego
 
Publicado en: Infografías Etiquetado con: , , ,

O arco nunca dorme

Neste filme explícase o arco como elemento constructivo, faise un percorrido polas aplicacións deste elemento na construcción das grandes catedrais. Lembro que despois de velo por primeira vez lin “Los pilares de la tierra” e axudoume a disfrutar moito máis do libro.

Publicado en: V Estruturas Etiquetado con: , , , ,

O sol a terra e o home

estacion espacial con sol grande

De novo, vía http://observatorio.info, podemos ser testigos dunha perspectiva da estación espacial internacional con vistas a terra e ao sol tan sorprendente que parece mentira.

Publicado en: Divulgación Etiquetado con: , , , ,

Festas do Monte 2009. ¿Quen é quen?

Filme montado para proxectar na pantalla xigante das festas do Monte Santa Trega 2009 da Guarda. Está realizado a partir de fotografías (de fai algúns anos) dos compoñentes das bandas mariñeiras a maioría delas.
 
Publicado en: A Guarda Etiquetado con: , , , , , ,

Micrografías de materiais

000023


A través da páxina aula de tecnologías coñecín esta magnífica colección de micrografías (fotografías microscópicas) de materiais publicada na páxina DoITPOMS do Departamento de Ciencia de Materiais e Metalurxia da Universidade de Cambridge. Tamén teñen publicada en Flikr, na galería Core-Materiais, a mesma colección de micrografías.

A imaxe seleccionada para ilustrar esta nova é a dun aceiro hipereutectoide con 1% de C. Na imaxe obsérvase o aceiro formado por cementita rodeando os grans de Perlita que a súa vez está composta por unha eutectoide de Ferrita e Cementita

En clase de 2º de Bacharelato vannos a vir moi ben estas imaxes para ilustrar o estudio do diagrama Fe-C e os tratamentos térmicos

Publicado en: Recursos tecnoloxía Etiquetado con: , , , , , ,
Páxina 30 de 44« Primeira...1020...2829303132...40...Última »

Arquivos