AnnMarie Thomas: Ciencia práctica con circuitos de plastilina

Publicado en: Divulgación Etiquetado con: , ,

¿Por que voan os avións?

Presentación da unidade didáctica na que está integrado o proxecto de construcción dunha maqueta de motor radial

Publicado en: Máquinas e mecanismos Etiquetado con: , ,

Maqueta de motor radial

Ahí vai a video promocional do proxecto de mecanismos de 3º da eso para este curso. Este proxecto está integrado nunha unidade didáctica máis ampla: “¿Por que van os avións?”. Ainda estou traballando na elaboración da súa presentación pero quería deixar na rede este motivador adianto.

Publicado en: Máquinas e mecanismos Etiquetado con: , , ,

¿Canto consumen os fluorescentes ao acender?

Grafica de consumo dun fluorescente no acendido

Grafica de consumo dun fluorescente no acendido

Está moi estendida a idea de que os tubos fluorescentes consumen moito máis ao apagalos e acendelos que ao mantelos acendidos. Coa idea de realizar un ensaio para valorar o tempo que podería compensar deixar acendidos os fluorescentes, que eu estimaba que como máximo podían ser uns poucos segundos, fixen unha enquisa informal. Levei unha gran sorpresa coa a maioría das respostas, a opinión xeneraliza é que compensa ter os fluorescentes acendidos entre 20 minutos e 1 hora antes de apagalos a acendelos.

Constatar estas opinións tan desproporcionadas e a preocupación, cada vez máis estendida, polo aforro enerxético animáronme a realizar o ensaio, para o que contei con algo de colaboración dos alumnos de 4º de secundaria.

O ensaio consistiu tomar datos cunha pinza amperimétrica da intensidade de corrente que se consume nas distintas fases do proceso de acendido nunha instalación real de 24 tubos de 18W á vez que se rexistra a tensión da rede. Para conseguir rexistrar os datos que aporta o amperímetro realizouse a gravación en vídeo de 10 acendidos, isto permitiu tomar 25 mostras por segundo, unha por fotograma. O principal inconveniente presentouse pola falta de precisión do aparello de medida, unha pinza amperimétrica dixital cunha precisión de 0,1 A.

A gráfica que se mostra indica a evolución do consumo eléctrico nas distintas fases do acendido. Dela podemos tirar a conclusión de que os fluorescentes consumen menos cando se acenden que no seu funcionamento permanente. O único inconveniente que presenta apagar e acender os tubos é a influencia negativa que isto pode ter na súa vida útil.

Publicado en: Enerxía Etiquetado con: , , , , , , ,

¿Que pasa coa tecnoloxía? (en Galicia)

triste

triste

Fai uns días lía no portal da Consellería de Educación da Xunta de Galicia a noticia da publicación do borrador da convocatoria de contidos educativos. Como fago moitas veces abrín o documento para darlle un vistazo e ver as condicións para presentarse. A miña sorpresa foi maiúscula cando me percatei que dividiron a convocatoria e os premios por modalidades, e estas modalidades corresponden a ALGUNHAS MATERIAS das que se imparten en primeiro e segundo da ESO na categoría correspondente ao Primeiro Ciclo de Secundaria. A miña desilusión foi total despois de releer un par de veces as materias e darme conta de que a Tecnoloxía non aparecía…parecíame incrible.

O meu enfado era tan grande que naquel mesmo instante me puxen a escribir un correo electrónico aos que eu pensaba tiñan algo que dicir, respecto da convocatoria para pedir explicacións. O contido do meu correo era o seguinte:

Estimados Sres/Sras.
O meu nome é Antonio Lomba Baz, son profesor de tecnoloxía no IES A SANGRIÑA, en A Guarda, Pontevedra.
Diríxome a vostedes co ánimo de que me poidan aclarar unha dúbida que ven a incrementar a preocupación que sinto pola materia que imparto no instituto.
Acabo de ler o borrador da convocatoria de subvencións para a produción e publicación de materiais educativos e de premios ao desenvolvemento de novos contidos educativos publicado na páxina da consellería de educación con data 08/03/2011. Observo con moita sorpresa que tanto as subvencións como os premios están supeditados á algunhas materias e entre as que se exclúen está a tecnoloxía (tecnoloxías), a miñas preguntas polo tanto son evidentes:
¿Hai algún motivo fundamentado polo que non apareza a materia de tecnoloxía nesta convocatoria?
Se teño elaborados materiais educativos innovadores, ¿Teño que renunciar a presentarme a esta convocatoria?
Espero a súa resposta ou, no mellor dos casos, que a tecnoloxía sexa incluída como materia subvencionable e premiable na convocatoria definitiva que publiquen.
Reciban un cordial saúdo.

Tardei uns días en recibir resposta, esta produciuse por parte da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica nos seguintes términos:

En contestación ao asunto de referencia, comentarlle que as materias a incluír nestes premios determináronse en función de varios aspectos:

·         As necesidades de contidos existentes para os niveis educativos que aborda o Proxecto Abalar

·         Os contidos que se poden dispor a través da plataforma AGREGA e de empresas que poden aportar materiais

·         A cantidade de recursos que se poden conseguir en diferentes repositorios na web.

Priorizáronse as necesidades e deste xeito se definiron estas materias.

Por outro lado, comentar que a Consellería de Educación establece no borrador da orde pola que se convocarán licenzas por estudos para o curso 2011-12, que haberá dúas modalidades dirixidas a creación de materiais dixitais que desenvolvan contidos curriculares dalgunha materia dos cursos do terceiro ciclo de primaria ou de 1º e 2º de educación secundaria, onde entran todas as materias.

Estas modalidades poderán ser proxectos individuais ou grupos de traballo de dous membros, con licenza remunerada de duración trimestral.

Un saúdo.

Como eu non entendo os motivos polos que non se inclúe a tecnoloxía na mencionada convocatoria, sobre todo despois de visitar o repositorio de Abalar e ver que alí, paraESO, solo hai un triste contido que nin sequera é de tecnoloxía e de tentar utilizar AGREGA para as miñas clases moitas veces, sen conseguilo. Quero deixar aquí constancia da miña protesta, desconcerto e preocupación por unha materia que cada vez están a facela máis insignificante.

Publicado en: Reflexións Etiquetado con: ,
Páxina 20 de 44« Primeira...10...1819202122...3040...Última »

Arquivos